Misión, visión e valores

fundacion_autismo_coruna_mision

Misión

Ofrecerlles apoios tutelares e servizos especializados ás persoas con autismo e ás súas familias co fin de asegurar a súa calidade de vida presente e futura.

Visión

Ser a Fundación Tutelar de referencia dirixida ás persoas con autismo cuxa capacidade xurídica foi modificada mediante o apoio personalizado e a calidade e especialización dos nosos servizos.

Valores

  • Flexibilidade: Adaptámonos ás circunstancias de cada unha das persoas que nos solicitan apoio.
  • Participación: Fomentamos a colaboración de todo o equipo da Fundación para ofrecer o mellor servizo.
  • Positividade: Entusiasmo e actitude positiva no desenvolvemento do noso traballo.
  • Individualización e respecto: Analizamos cada caso considerando as súas características distintivas.
  • Calidade: Proporcionamos un servizo adecuado ás necesidades de cada persoa e da súa familia ao longo de toda a súa vida.
  • Afecto: Esforzámonos porque os usuarios e as súas familias se sintan arroupados pola Fundación.