Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

Fundación tutelar

Son persoas xurídicas que reúnen os requisitos establecidos pola lexislación para exercer a tutela sen ánimo de lucro e que teñen como misión velar por que se respecten os dereitos e se cumpran as obrigas das persoas coa capacidade xurídica modificada.

As entidades tutelares, mediante o exercicio da tutela dunha forma profesionalizada, son unha alternativa ao apoio que ofrecen os familiares cando estes non poden desempeñar esta responsabilidade.

As Fundacións Tutelares ofrecen diversos apoios ás persoas con diversidade funcional e ás súas familias, como son:

  • Exercicio tutelar: estas fundacións encárganse da tutela das persoas con diversidade funcional que teñan a súa capacidade de obrar modificada e que non dispoñan de familiares que poidan exercer esta responsabilidade.
  • Planificación do futuro: as fundacións tutelares apoian e asesoran as familias de persoas con diversidade funcional na importante decisión de deixar planificado o futuro dos seus fillos e fillas, de forma que, se nalgún momento a súa familia non se pode facer cargo da súa tutela, quede por escrito quen será o futuro titor/a da persoa, como debe exercer esta responsabilidade e baixo que condicións.
  • Información e asesoramento social e xudicial: as fundacións tamén asesoran as familias de persoas con diversidade funcional sobre os recursos que os entes privados e públicos poñen á súa disposición.

Ademais, tamén se lles asesora en temas de carácter xurídico e sobre como se realizan todos os trámites.

Área social

Un certificado de discapacidade é un documento oficial, emitido pola Administración pública, que recoñece as limitacións para as actividades da vida diaria que presenta a persoa expresadas en porcentaxes, que poden ser do 33 %, do 65 % e maior ou igual ao 75 %.

O recoñecemento oficial da discapacidade ten vantaxes. O seu propósito é compensar as dificultades sociais que supón a discapacidade. Proporciona acceso a dereitos e a prestacións de distinto tipo. O obxectivo é equiparar oportunidades.

Texto pendiente.

NON é o mesmo a valoración de dependencia que a de discapacidade. Loxicamente, a unha persoa á que se lle recoñeceu un determinado grao de dependencia tamén se lle recoñecerá un grao de discapacidade, pero son trámites independentes.

Non.

A discapacidade recoñece limitacións físicas, psíquicas ou sensoriais.

A incapacitación, ou modificación da capacidade, é o proceso que recoñece —mediante unha sentenza xudicial e cando a persoa con diversidade funcional cumpre os 18 anos— que unha persoa non ten a capacidade para autogobernarse. A sentenza determina a extensión e os límites da incapacidade ou modificación da capacidade. É importante entendela en sentido positivo. Proponse cando a unha persoa lle falta a capacidade de ocuparse de si mesma ou a de ocuparse dos seus bens. É unha medida de protección ante posibles situacións de desamparo ou indefensión da persoa. Non ten por que ser definitiva. Se as causas que motivaron o procedemento varían, poderá revisarse, incluso a petición da mesma persoa coa capacidade modificada xudicialmente.

A Lei de dependencia recoñece o dereito das persoas con discapacidade a accederen a determinados servizos e prestacións. Para poder beneficiarse deses dereitos é necesario solicitar unha valoración. Pódese presentar a solicitude nos servizos sociais municipais dos concellos.

Existen algunhas prestacións económicas públicas vinculadas á discapacidade.

Exemplos:

  • Pensión non contributiva por invalidez (CAIB): pódena solicitar persoas a partir dos 18 anos e cun 65 % de discapacidade como mínimo.
  • Prestación familiar por fillo a cargo (Seguridade Social): pódena solicitar os pais ou titores de persoas con discapacidade. A partir dos 18 anos, só se poderá solicitar se a persoa ten recoñecida unha discapacidade superior ao 65 %.

Área xurídica

Por ‘capacidade xurídica’ enténdese a aptitude para ser titular de dereitos subxectivos e de deberes xurídicos e coincide co concepto de ‘personalidade’: toda persoa, polo feito do nacemento cos requisitos previstos no artigo 30 do Código Civil, terá capacidade xurídica.

Pola contra, por ‘capacidade de obrar’ enténdese a aptitude para o exercicio dos dereitos dos que se é titular; capacidade de obrar que non ten toda persoa, senón que dependerá da situación persoal de cada quen.

Partindo do anterior, poderíase definir a capacidade de obrar como a aptitude para o exercicio dos dereitos subxectivos e dos deberes xurídicos, de maneira que nin toda persoa ten capacidade de obrar nin todas aquelas que teñen esta aptitude a teñen no mesmo grao ou intensidade, dependendo da idade, a nacionalidade, a modificación xudicial da capacidade ou a veciñanza civil.

  1. Capacidade plena é o grao de capacidade máis amplo ou sen limitacións que ten a persoa maior de idade ao cumprir os 18 anos, porque o maior de idade é capaz para todos os actos da vida civil, agás as excepcións establecidas en casos especiais por este Código (artigo 322 do Código Civil).
  2. Capacidade restrinxida é o grao intermedio da capacidade, e significa que se require dun complemento para determinados e específicos actos ou negocios xurídicos denominado ben consentimento, ben autorización ou asentimento. Neste tipo de capacidade encóntranse tanto persoas menores de idade emancipadas como persoas declaradas pródigas xudicialmente ou persoas coa capacidade modificada xudicialmente. Esta última situación é o grao máis especial da capacidade de obrar, porque non ten unha extensión concreta e predeterminada, senón que dependerá de cada caso específico e deberá fixalo expresamente unha sentenza. Quen vexa modificada a súa capacidade por sentenza quedará baixo a representación legal ben do titor ou titora (artigo 267 do Código Civil) ou ben do pai ou nai, aos cales se lles prorrogará ou rehabilitará a patria potestade (segundo o artigo 171 do Código Civil).
  3. Incapacidade é o grao inferior, onde a persoa carece absolutamente de aptitude para o exercicio de dereitos subxectivos e deberes xurídicos e precisa dun ou dunha representante legal que exercite eses dereitos e deberes dos cales é titular. A esta situación chégase única e exclusivamente tras resolución xudicial.

Cando unha persoa carece por completo de capacidade de obrar nun, nalgún ou en todos os ámbitos da vida, ou ben o déficit de capacidade de obrar nun, en varios ou en todos os ámbitos da vida é tan marcado que non é suficiente ese mero complemento do que falabamos antes, hai que suplir a capacidade da que naturalmente carece para unha adecuada protección dos seus dereitos, de modo que poida actuar na vida xurídica en igualdade de condicións coas persoas que, por natureza, teñen plena capacidade de obrar. Así pois, mediante a modificación da capacidade xurídica súplese a deficiencia que a sitúa en inferioridade con respecto ás demais persoas, dotándoa dos medios e instrumentos necesarios para garantir o correcto exercicio dos seus dereitos. Para iso valórase en cada caso o estado de saúde, as condicións persoais e o grao de afectación.

En definitiva, trátase dun proceso para outorgar en favor dunha persoa unha medida de protección e de asistencia para a toma de decisións previstas pola lei, seguíndose así o denominado modelo de substitución ou apoio na toma de decisións -titor/a ou curador/a-, necesario para a protección desa persoa.

Esta condición é revisable no tempo e axustable ás necesidades de cada persoa.

A Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade

A Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade, asinada en Nova York o 13 de decembro do 2006, é un instrumento internacional de dereitos humanos propiciado pola Organización de Nacións Unidas. O propósito da Convención é promover, protexer e asegurar o gozo pleno, e en condicións de igualdade, de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais por parte de todas as persoas con discapacidade, ademais de promover o respecto da súa dignidade inherente. España ratificouna o 3 de decembro do 2007 e está en vigor dende o 3 de maio do 2008.

A Convención baséase nos principios de respecto, non discriminación, participación e inclusión plena na sociedade; respecto pola diferenza; igualdade de oportunidades; accesibilidade; igualdade entre o home e a muller e respecto á evolución das facultades dos nenos con discapacidade, así como o dereito a preservar a súa identidade. Do contido da Convención derivan unha serie de obrigas para os Estados Partes. Estes comprométense a asegurar e promover o pleno exercicio de todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais das persoas con discapacidade, sen discriminación ningunha por motivo de discapacidade.

A Convención de Nacións Unidas deixou sentir os seus efectos na xurisprudencia española, xa que se revisou o concepto de incapacidade e o Tribunal Supremo español salientou a importancia de que a figura da tutela se empregue como un complemento e non como un substituto da capacidade do suxeito, debéndose individualizar os casos para poder adoptar a medida que sexa máis favorable conforme á maneira en que cada suxeito se vexa afectado. Ademais, sinala a importancia de que as persoas afectadas por unha sentenza de modificación de capacidade poidan exercer o dereito ao voto sempre que a súa situación llelo permita.

Son causas de incapacitación as enfermidades ou deficiencias persistentes de carácter físico ou psíquico que lle impiden á persoa gobernarse por si mesma, segundo establece o artigo 200 do Código Civil. Sendo así, calquera persoa nesas circunstancias pode, e debe, ser obxecto de modificación de capacidade para dotala dos apoios oportunos e concretos que poida precisar.

De acordo con artigo 757 da Lei de axuizamento civil:

  1. A persoa presuntamente incapaz.
  2. Quen sexa cónxuxe ou persoa nunha situación de feito asimilable.
  3. Descendentes, como fillo/a ou neto/a.
  4. Ascendentes, como pai, nai ou avó/a.
  5. Irmáns ou irmás.
  6. E, no caso de que estas persoas non efectúen a petición, calquera persoa pode pedirllo ao Ministerio Fiscal para que este actúe.

A tutela é aquela institución de dereito de familia que ten como finalidade protexer quer a persoa, quer o patrimonio, quer ambas as cousas, dunha persoa menor de idade ou incapacitada ou coa capacidade modificada xudicialmente. Exércese baixo control e supervisión xudicial. E afecta a:

  1. Persoas menores de idade non emancipadas que non estean baixo a patria potestade ou que se atopen en situación de desamparo.
  2. Persoas con sentenza de modificación de capacidade, cando a sentenza o establecese así.
  3. Persoas suxeitas á patria potestade prorrogada ao cesar esta, salvo que proceda a curatela.

A pretutela é o compromiso de futuro que a Fundación Tutelar adquire coa persoa con diversidade funcional e a súa familia para que, cando a aquela lle falte o apoio familiar, non quede en situación de desamparo e o novo escenario lle sexa máis achegado e coñecido.

Tamén se consideran pretutela aqueles compromisos adquiridos coa persoa con diversidade funcional nunha situación grave de desamparo cuxa demanda vén dada polos Centros de Servizos Sociais ou entidades de atención directa.

O defensor xudicial é unha figura de garda que se caracteriza pola súa actuación provisional e transitoria.

O seu labor é representar ou, de ser o caso, asistir a persoa con capacidade modificada ou en proceso xudicial de valoración da capacidade en situacións en que o non poden facer os seus proxenitores, titor/a ou curador/a.

A constitución da tutela é sempre e en todo caso xudicial, é dicir, que será a autoridade xudicial competente quen determinará e nomeará o/a titor/a ou curador/a, dándolle igualmente posesión do seu cargo e supervisando e controlando as súas actuacións.

Conforme establece o Código Civil, para o nomeamento preferirase:

  • O designado pola propia persoa con diversidade funcional.
  • O cónxuxe que conviva co tutelado/a.
  • Os pais.
  • A persoa ou persoas designadas polos pais no seu testamento.
  • O descendente, ascendente ou irmán que designe o xuíz.
  • Calquera outra persoa ou entidade tutelar.

O xulgado ten potestade para alterar esta orde de preferencia e mesmo pode prescindir de todas as persoas mencionadas se con iso a persoa con diversidade funcional resulta beneficiada. En tal caso, debe xustificar a súa decisión motivando por que esta é a mellor opción para a persoa á que se refire. E existen causas de inhabilidade para poder ser titor/a.

A diferenza fundamental entre a tutela e a curatela radica, en termos coloquiais, en que a primeira substitúe a capacidade da persoa incapacitada (o/a titor/a «firma» en substitución da persoa suxeita a tutela), namentres que a segunda complementa a capacidade limitada da persoa con capacidade limitada (o/curador/a «firma» xunto coa persoa suxeita a curatela naqueles ámbitos fixados pola sentenza).

SI; os pais, por exemplo, poden prever varios titores ou curadores no seu testamento (familiares, persoas de confianza ou entidades tutelares), mais sempre suxeitos á decisión final do xulgado.

  • Prestar apoio e asistencia para a toma daquelas decisións que establecese o xuíz na súa sentenza.
  • Protexer os intereses da persoa e velar polo seu benestar, tendo en conta os seus desexos, as súas necesidades e as súas circunstancias económicas persoais, coidando de que se promova a súa autonomía persoal e teña unha calidade de vida digna, así como que conte coa boa administración dos seus bens.
  • Fomentar a confianza e as aptitudes das persoas con diversidade funcional, de modo que poidan exercer a súa capacidade xurídica con menos axuda no presente ou no futuro.

Os apoios deben prestarse seguindo as condicións que a Convención establece:

  • Tratando de impedir calquera abuso en materia de dereitos humanos.
  • Respectando os dereitos, a vontade e preferencias da persoa.
  • Evitando conflitos de interese e influencias indebidas.
  • Adoptando en cada momento apoios proporcionais, en función das necesidades da persoa, no prazo máis curto posible.
  • Dándolle conta ao xuíz da forma en que se exercitan os tales apoios e da situación e necesidades da persoa á que estes se refiren.

Cómpre ter en conta, de calquera forma, que, ante todo, o artigo 268 do Código Civil dispón que: «Os titores exercerán o seu cargo de acordo coa personalidade dos seus pupilos, respectando a súa integridade física e psicolóxica. Cando sexa necesario para o exercicio da tutela poderán solicitar o auxilio da autoridade».

SI; a tutela ou curatela exércense baixo a supervisión do xuíz e do Ministerio Fiscal, que velan para que o/a titor/a ou o/a curador/a non adopten decisións que non se axusten ás necesidades da persoa ou a prexudiquen.

O titor/a ou curador/a ten a obriga legal de:

Informar o xuíz, polo menos unha vez ao ano, dos apoios que lle prestou á persoa e sobre a situación e necesidades desta, tanto na súa esfera persoal coma patrimonial, para que o xuíz poida comprobar que todas as decisións tomadas foron en beneficio exclusivo da propia persoa con diversidade funcional.

Informar e pedirlle autorizacións ao xuíz para determinados actos de maior transcendencia, como vender unha casa, asinar unha hipoteca, facer un gasto moi alto, cambiar de residencia e outros varios.

E, en xeral:

  1. Antes do exercicio da tutela, o parente da persoa finalmente tutelada que, coñecendo a súa situación, non promovese a tutela ou a puxese en coñecemento, será responsable de todos os danos e prexuízos causados, en aplicación do art. 229 do Código Civil.
  2. Durante o exercicio da tutela, o/a titor/a deberá informar anualmente a autoridade xudicial competente sobre a situación da persoa suxeita a tutela e renderlle contas anuais da súa administración (artigo 269 do Código Civil), sen prexuízo de que, ademais, tanto o xulgado coma o Ministerio fiscal poidan esixirlle en calquera momento a devandita rendición de contas.
  3. Producida a extinción da tutela, lévase a cabo a rendición de contas. Desta puider derivarse unha responsabilidade do/da titor/a por danos e prexuízos causados á persoa suxeita a tutela; en todo caso, ten a responsabilidade por mora no pagamento do saldo debedor resultante das contas.

NON; a non ser que o xuíz ditamine o contrario.

NON; herdaríaos unicamente no caso de que así o especificasen os seus proxenitores no seu testamento, ou ben a persoa con diversidade funcional, se tivese a capacidade xurídica para poder realizar este documento.

SI; pero a persoa con capacidade xurídica modificada pode necesitar o apoio do seu titor/a ou curador/a para valorar e aceptar ou rexeitar a herdanza, con autorización xudicial.

A patria potestade é o conxunto de deberes e facultades dos pais cara aos seus fillos, que deben exercer sempre en beneficio destes. No art. 201 do Código Civil establécese a posibilidade dunha incapacitación preventiva das persoas menores de idade cando se prevexa que a incapacidade continuará despois da maioría de idade. Deste xeito, a patria potestade dos pais queda prorrogada cando ese fillo ou filla alcanzan a maioría de idade, e non hai titor/a ou curador/a, senón pai ou nai coa patria potestade prorrogada. Esa patria potestade exércese de acordo co que dispoña a resolución de modificación de capacidade e, subsidiariamente, aténdose ás regras que rexen as relacións paternofiliais.

A diferenza da tutela, non esixe rendición de contas periódica nin final ao xulgado ou Ministerio Fiscal, sen prexuízo de que, coma con calquera persoa, se poida poñer en coñecemento calquera circunstancia que supoña risco ou directamente un dano para a persoa suxeita á patria potestade rehabilitada, de forma que se poidan adoptar as medidas de protección oportunas.