Que é o autismo?

Que é o autismo?

fundacion_autismo_coruna_colaboraa-20

O Trastorno do Espectro Autista (TEA) maniféstase como un conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesenvolvemento e ao funcionamento cerebral e que dá lugar a dificultades na comunicación e interacción social, afectando igualmente á flexibilidade do pensamento e da conduta da persoa que o presenta.

Malia que as súas manifestacións clínicas poden variar dunha persoa a outra, as persoas con TEA defínense con base a unhas características comúns. En todos os casos afectan ás habilidades para comunicarse e relacionarse cos demais. Tamén se asocia a un patrón restrinxido e repetitivo de intereses, actividades e comportamentos que inciden na capacidade das persoas para anticiparse e adaptarse de maneira flexible ás demandas do medio en que viven. Fonte: Estrategia Española en Trastorno Del Espectro del Autismo.