Fundación Autismo Coruña (FAC) constitúese en escritura pública o 4 de febreiro de 1999 como entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o desempeño dos seus fins estatutarios.
A Fundación está clasificada como «organización de interese benéfico-asistencial» e está adscrita á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, segundo a Orde do 13 de abril de 1999 (DOG n.° 78 do 26 de abril de 1999).
Ademais, está declarada de interese galego, segundo a Orde do 24 de maio de 1999, e inscrita co n.° 1999/10 no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego (DOG n.° 105 do 3 de xuño de 1999), polo que as súas funcións están rexidas pola Lei 12/2006, do 1 de decembro, de «fundacións de interese galego» (https://www.boe.es/boe/dias/2007/01/16/pdfs/A02133-02146.pdf)
A actividade da Fundación Autismo da Coruña está xestionada en tres áreas, que abranguen todos aspectos relevantes do seu funcionamento. Son as seguintes: