Contamos coa colaboración de familias, particulares e empresas que, de maneira voluntaria, axudan economicamente á Fundación coa achega dunha cantidade mensual ou anual. Animámosvos a colaborar coa nosa misión e participar na tarefa de protección das persoas con autismo, mellorando a súa calidade de vida e a súa plena integración social.
Pódeste facer doante cubrindo o seguinte formulario de donativo e enviándoo online; ou, se o prefires, podes imprimilo, cubrilo e envialo por email ao noso correo electrónico ou por correo postal ás nosas oficinas.
Os donativos efectuados gozan da correspondencia desgravación fiscal conforme á Lei 49/2002 de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais de mecenado.